MANUEL MARÍA: «Galiza somos nós, a xente máis a fala, se buscas Galiza, en ti tes que atopala».
As verbas creáronse para comunicarnos e en Plan B non só preocupámonos da estratexia ou do diseño de tiendas online, como agencia de marketing e comunicación sabemos o valor que debemos darles, así como a nosa cultura galega que rinde homenaxe a un grande da literatura que como nós tivo un forte compromiso coa cultura galega é a nosa comunidade para facela surxir entre as máis representativas do mundo. A comunicación é unha das especialidades de Plan B, Agencia de marketing digital e cada día as xentes que a conformamos traballamos incansablemente sin perder a vocación como fixo o noso Manuel María, que loitou por manter vivas a nosas letras e a nosa lingua.
Hoxe, 17 de maio conmemoramos o 53 aniversario do Día das Letras Galegas, lembrando ese 20 de marzo de 1963, cando Manuel Gómez, Xesús Ferro e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega, presentaron a proposta de que se declarase o día 17 de maio de cada ano «Día das Letra Galegas» como data para «recollelo latexo material da actividade intelectual galega».
Cada ano, a Real Academia Galega escolle a una personalidade diferente, tomándose en conta que se demandan al menos dez anos dende o seu falecemento, e para o 2016 escolléuse a Manuel María.
UN POUCO DE HISTORIA DA NOSA LINGUA
Galicia constitúe xa dende o século VlII unha unidade política cos reinos de Asturias e León. Esta é a etapa de maior esplendor da literatura galega. O galego convértese na língua por excelencia da lírica en case toda a península. Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa, posto que ata mediados do século XIV as dúas línguas forman un tronco común.
No comenzo do século XIII datan os primeiros documentos literarios en galego. O máis antigo dos coñecidos actualmente é a cantiga satírica “Ora faz Ora faz ost’o senhor de Navarra» de Joam Soares de Pavia, escrita contra o ano 1200 e posteriormente a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de Portugal (1214), mostras da prosa tabeliónica medieval.
A língua galega desaparece co remate da guerra civil e o inicio do franquismo, sólo se mantén cos literatos que emigraron, así como co desenvolvemento en países de América latina. A situación social do galego víuse agravada coa obrigatoriedade da escolarización no nivel básico e, posteriormente, coa popularización dos medios de comunicación, que tiñan o castelán como único vehículo de expresión.
Non é ata 1950 cando coa creación da Editorial Galaxia, cando recupérase con diversas publicacións periódicas, evidenciado a validez do idioma para calquer xénero ou temática, e especialmente a partires do 1975, cando Galicia convértese en Comunidade Autónoma, tendo como línguas oficiais o galego e o castelán. Paralelamente ademáis, á instauración dunha lexislación reguladora dos usos do idioma, cumpría a elaboración dunha língua estándar. Agora, a nosa língua está protexida pola lexislación vixente e ten un elevado número de falantes.
MANUEL MARIA, LETRAS GALEGAS 2016
Manuel María Fernández Teixeiro, (1929-2005) naceu en Lugo, pero estivo gran parte da súa vida en Monforte de Lemos e A Coruña. Foi un poeta e narrador de carácter combativo e con compromiso poético. Publicou o seu primeiro poemario no ano 1950. Participou nos partidos nacionalistas galegos mentras colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura galega. En 1979 foi elexido concelleiro de Monforte de Lemos, pero en 1985 abandonou o seu cargo público, sen deixar a militancia política, dedicándose de cheo á actividade literaria e cultural. O seu legado o conforman máis de 45 obras que representan a «conciencia» é «compromiso inquebrantable» coa língua galega.
Para rematar, citamos parte dunha das súas obras, referíndonos a nosa celebración no Día das Letras Galegas:
“E se deixamos morrer a palabra, o universo enteiro, dóese de orfandade e desamparo.” De As Lúcidas Lúas de Outono, 1988. Manuel María.
Dende Plan B, expertos en diseño web Vigo dámoslle os parabéns a todolos galegos e a todos aqueles que, sendo de fora, viven e aprecian do noso marabilloso país no Día das Letras Galegas 2016!