Día das letras Galegas 2016

MANUEL MARÍA: «Galiza somos nós, a xente máis a fala, se buscas Galiza, en ti tes que atopala».

letras-gallegas-2016-planb-agencia-17mayo

As verbas creáronse para comunicarnos e en Plan B non só preocupámonos da estratexia ou do diseño de tiendas online, como agencia de marketing e comunicación sabemos o valor que debemos darles, así como a nosa cultura galega que rinde homenaxe a un grande da literatura que como nós tivo un forte compromiso coa cultura galega é a nosa comunidade para facela surxir entre as máis representativas do mundo. A comunicación é unha das especialidades de Plan B, Agencia de marketing digital e cada día as xentes que a conformamos traballamos incansablemente sin perder a vocación como fixo o noso Manuel María, que loitou por manter vivas a nosas letras e a nosa lingua.

Hoxe, 17 de maio conmemoramos o 53 aniversario do Día das Letras Galegas, lembrando ese 20 de marzo de 1963, cando Manuel Gómez, Xesús Ferro e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega, presentaron a proposta de que se declarase o día 17 de maio de cada ano «Día das Letra Galegas» como data para «recollelo latexo material da actividade intelectual galega».

Cada ano, a Real Academia Galega escolle a una personalidade diferente, tomándose en conta que se demandan al menos dez anos dende o seu falecemento, e para o 2016 escolléuse a Manuel María.

UN POUCO DE HISTORIA DA NOSA LINGUA

Galicia constitúe xa dende o século VlII unha unidade política cos reinos de Asturias e León. Esta é a etapa de maior esplendor da literatura galega. O galego convértese na língua por excelencia da lírica en case toda a península. Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa, posto que ata mediados do século XIV as dúas línguas forman un tronco común.

No comenzo do século XIII datan os primeiros documentos literarios en galego. O máis antigo dos coñecidos actualmente é a cantiga satírica “Ora faz Ora faz ost’o senhor de Navarra» de Joam Soares de Pavia, escrita contra o ano 1200 e posteriormente a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de Portugal (1214), mostras da prosa tabeliónica medieval.

A língua galega desaparece co remate da guerra civil e o inicio do franquismo, sólo se mantén cos literatos que emigraron, así como co desenvolvemento en países de América latina. A situación social do galego víuse agravada coa obrigatoriedade da escolarización no nivel básico e, posteriormente, coa popularización dos medios de comunicación, que tiñan o castelán como único vehículo de expresión.

Non é ata 1950 cando  coa creación da Editorial Galaxia, cando recupérase con diversas publicacións periódicas, evidenciado a validez do idioma para calquer xénero ou temática, e especialmente a partires do 1975, cando Galicia convértese en Comunidade Autónoma, tendo como línguas oficiais o galego e o castelán. Paralelamente ademáis, á instauración dunha lexislación reguladora dos usos do idioma, cumpría a elaboración dunha língua estándar. Agora, a  nosa língua está protexida pola lexislación vixente e ten un elevado número de falantes.

MANUEL MARIA, LETRAS GALEGAS 2016

manuelmaria-letrasgalegas-2016-planb

Manuel María Fernández Teixeiro, (1929-2005) naceu en Lugo, pero estivo gran parte da súa vida en Monforte de Lemos e A Coruña.  Foi un poeta e narrador  de carácter combativo e con compromiso poético. Publicou o seu primeiro poemario no ano 1950. Participou nos partidos nacionalistas galegos mentras colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura galega. En 1979 foi elexido concelleiro de Monforte de Lemos, pero en 1985 abandonou o seu cargo público, sen deixar a militancia política, dedicándose de cheo á actividade literaria e cultural. O seu legado o conforman máis de 45 obras que representan a «conciencia» é «compromiso inquebrantable» coa língua galega.

Para rematar, citamos parte dunha das súas obras, referíndonos a nosa celebración no Día das Letras Galegas:

“E se deixamos morrer a palabra, o universo enteiro, dóese de orfandade e desamparo.” De As Lúcidas Lúas de Outono, 1988. Manuel María.

Dende Plan B, expertos en diseño web Vigo dámoslle os parabéns a todolos galegos e a todos aqueles que, sendo de fora, viven e aprecian do noso marabilloso país no Día das Letras Galegas 2016!

Día das letras Galegas 2016

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.